VILAGARCIA> As medidas impostas pola Xunta de Galicia afectan de forma considerable ao pequeno comercio. A limitación de horarios e as restricións chegan nun momento chave para as súas vendas, as rebaixas. Os comerciantes aseguran que están ao límite e piden axudas.
As novas medidas sanitarias que entrarán en vigor mañá tamén afectarán ao pequeno comercio. A xunta de Galicia decidiu reducir o horario de apertura dos establecementos ata as 18:00 horas. Unha medida que chega nun momento clave para as vendas dos comercio de proximidade.
A limitación horaria únese ao peche perimetral, o que afecta ás vendas das vilas máis grandes como Vilagarcía ou Cambados.
Os sector advirte que están pasando grandes apuros e que algúns establecementos atópanse no límite.
Uns gastos que incluso se aumentaron para poder responder aos seus clientes co reparto a domicilio. Por elo dende o sector piden axudas para que moitos negocios baixen as reixas para sempre.