Malas novas para a D.O Rías Baixas

    fotovendimacopia.jpgSALNÉS> Dezasete millóns de quilos de uva fronte ós máis de corenta e un que se recolleron o ano pasado.Vinte tres millóns de quilos de diferenza.

    {flowplayer}images/salnes/ValoracionJuanGilVendima.flv{/flowplayer}

    Malas novas para a Denominación de Orixe Rías Baixas. A piques de rematar a vendima deste ano, cúmprense as expectativas e calcúlase que se recollerán preto de dezasete millóns de quilos de uva. Dende o Consello Regulador amósanse preocupados pola cantidade pero destacan que a calidade será moi boa. Dezasete millóns de quilos de uva que contrastan cos máis de corenta e un que se recolleron o ano pasado. Nada menos que vinte tres millóns de quilos de diferenza. Con estes números, dende o Consello Regulador non esconden a súa preocupación, sobre todo porque diferenzas tan grandes non son boas.

    O punto positivo, e no que se apoian dende o sector, é que a calidade prevese que sexa moi boa. Esta será a baza fundamental coa que conten as adegas para superar o bache.

    Os motivos desta caída na colleita están nas condicións climatolóxicas deste ano. Cun mes de maio e xuño moi chuviosos, produciuse o que se chama aborto floral e perdéronse un gran número de racimos. O problema fundamental, o prezo da uva, o que máis temen os viticultores.

    Malia todo, e pese a esta situación, dende o Consello Regulador confían no sector e agardan que unha DO forte como o é a Rías Baixas, se recupere sen problemas.

    Redacción Salnés