Amegrove sigue intratable tras gañar en Rianxo e Oleiros

SALNÉS> Facemos repaso do acontecido esta fin de semana na Liga Galega de Traíñas. Amegrove continúa imparable e sumou outros dous novos tiunfos que o manteñen como líder indiscutible. Boa fin de semana tamén para Mecos e non tan boa para Vilaxoán que perdeu a terceira praza da xeral.

Cinco de cinco para Amegrove que vai camiño de facer historia. De feito, cos dous triunfos acadados esta fin de semana en Rianxo e Oleiros convértese na primeira traíña que suma cinco victorias consecutivas na Liga Galega.

Máis ampla foi a victoria do sábado onde aventaxaron a Chapela en 21 segundos na liña de meta, se ben os de Fran González fixeron a primeira virada por diante. Cómodo foi tamén o triunfo de onte. Nove segundos sacáronlle no primeiro longo a Chapela, distancia que non foron quen de recurtar. Con todo, a marxe entre Amegrove co seu principal perseguidor, que non cede a segunda praza, é aínda de cinco puntos.

Non foi unha boa fin de semana para Vilaxoán que sumou dous quintos postos, lonxe dos tempos de Cabo e Meira. Os de Gustavo Vázquez son terceiros cun punto de marxe sobre Samertolameu e dous con Vilaxoán.

Xusto por detrás da traíña vilagarcián viaxa xa Mecos, confirmándose como a mellor da segunda quenda. Esta fin de semana, aínda que con apuros, sumou dous sextos postos.

Por abaixo, Rianxo fixo unha boa regata diante da súa afección, foi décima pero pagou o esforzo en Oleiros onde rematou última. Puebla asinou un posto 12 e un 13. Ambos continúan instalados nos últimos postos da xeral.

A semana que ven a liga trasládase o sábado a Poio e o domingo a Vigo.

Redacción Salnés