![]()
PONTEVEDRA> O Conselleiro do Medio Rural destacou que o texto pretende fomentar o aproveitamento sostible e integral do monte galego.
{flowplayer}images/salnes/LEI_DE_MONTES.flv{/flowplayer}
A norma promovida polo goberno autonómico fomenta o aproveitamento sostible e integral do monte galego. Así o destacou esta mañá o Conselleiro do Medio Rural, Samuel Juárez, durante a presentación do documento na Delegación da Xunta en Pontevedra. Unha norma que, ademais, ten por obxectivo establecer un réxime xurídico estable que se adecúe á realidade galega e atenda as necesidades do sector forestal. Nestes momentos, atópase en trámite de exposición pública.
Entre outras cousas, a lei define as competencias das administracións públicas, regula as infraestruturas forestais e ordena os aproveitamentos forestais optimizando as diversas actividades e usos que permite o monte.
Por último, Juárez puxo de relevo que na provincia de Pontevedra unha de cada dúas hectáreas é superficie arbórea.
Redacción Salnés








