![]()
RIANXO> Un camión de gran tonelaxe saíuse da vía e acabou caendo por un barranco na autovía do Barbanza.
{flowplayer}barbanza/accidentecamionautoviarianxo.flv{/flowplayer}
O accidente tiña lugar ó redor das dez da mañá na autovía do Barbanza, na zona de Vilas, a escasos metros da saída de Rianxo. Nel viuse implicado un camión de mercadorías de gran tonelaxe que circulaba en dirección a Ribeira.
Aínda que finalmente non foi necesaria a excarceración do vehículo, o seu condutor, un veciño de Cuntis de 47 anos que responde ás iniciais L.D.G, resultou ferido a consecuencia dos golpes e mazaduras sufridas pola saída de vía, polo que foi trasladado en ambulancia ó hospital.
A chuvia e un posible exceso de velocidade son as causas máis probables do accidente.
Corte da vía
Para a retirada do vehículo de gran tonelaxe foi necesaria tamén a presenza dun guindastre e dunha góndola o que provocou a corte total da vía en dirección a Ribeira, polo que o tráfico foi desviado pola estrada AC-305 ata Rianxo. Ata última hora da tarde non foi restablecida a circulación neste vial.
Unha hora antes deste accidente en Rianxo tiña lugar tamén en Ribeira outra saía de vía, a rúa Lepanto, co resultado dunha muller ferida leve que tivo que ser trasladada ó Hospital da Barbanza. Tratábase de M.J.V.L A, natural da Pobra do Caramiñal, de 61 anos de idade, que presentaba doenzas no pescozo e no peito.
Redacción Barbanza









