A Sete Canal Rías Baixas, xa está en R

    promor_copia100.jpgSALNÉS> Os abonados poderán acceder á programación no dial 134. Unha nova aposta coa que agarda aumentar a súa audiencia en preto de 50 mil telespectadores mensuais.

    {flowplayer}images/salnes/PROMO_R.flv{/flowplayer}

    A través desta nova plataforma, A Sete Canal Rías Baixas busca consolidar a súa posición dentro da oferta televisiva a nivel local e de toda Galicia, como canle de referencia para obter toda a información das zonas de Pontevedra, O Salnés, O Barbanza, Caldas, Muros e Noia.

    A súa aposta pola presenza na plataforma de R, supón un importante avance no traballo de expansión da súa cobertura. Un camiño que xa comezara co salto á TDT e coa dispoñibilidade de todos os seus contidos e programación nas webs www.canalriasbaixas.com, canalriasbaixas.tv, orixeecalidade.com, informar.tv e agronatura.tv.En internet, tamén está presente en Facebook a través do seu perfil A Sete Canal Rías Baixas.

    Dende esta mesma mañá, máis de 90 mil novos fogares de toda Galicia abonados a R poderán acceder ós contidos desta canle, que busca chegar a preto de 50 mil novos telespectadores mensuais. Todo a través do dial 134 da grella do operador galego.

    Redacción Salnés