![]()
POIO> Esta fin de semana os comensais poderán degustas ameixa á mariñeira, con fideos ou con fabas e mexillóns ó vapor.
{flowplayer}images/salnes/AMEIXA_POIO.flv{/flowplayer}
A celebración arrancará o sábado coa inauguración no peirao de Campelo dun monumento ás mariscadoras. Será media hora máis tarde cando se produza a apertura da carpa degustación na Praza da Granxa.
Sobre dezaoito persoas traballarán na carpa degustación para que estea todo a punto para os comensais. Non teñen unha cantidade estimada das racións que van vender pero agardan, a lo menos, igualalos mil quilos de produto que repartiron o ano pasado.
Será a partir das seis da tarde do sábado cando se celebre a IX edición Bandeira de Traíñas Concello de Poio. Quince clubs competirán este ano para conseguila prezada bandeira.
O sábado pola noite será a actuación dos fogos de artificio e da orquestra Embajadores. O domingo a partir das once celebrarase a Festa da Bicicleta e ó mediodía volverase abrir a carpa de degustación.
Redacción Salnés










