![]()
VILAGARCÍA> Segundo comerciantes e hostaleiros non é compatible a explotación marisqueira co uso turístico dos areais.
{flowplayer}images/salnes/POLEMICA_PRAIAS_VILAGARCIA.flv{/flowplayer}
A Cámara de Comercio xunto ós comerciantes e hostaleiros de Vilagarcía veñen de solicitar ó concello e á Consellería do Mar a ordenación da praia da Concha e da Compostela. Para eles a solución pasaría por eliminalos paus dos parques de cultivo e dirixila actividade a outra zona da ría.
A finalidade desta demanda é rexeneralos areais e incrementalo atractivo do municipio. Os tres colectivos consideran que a explotación marisqueira e o uso turísticos de ambas praias non é compatible.
Para iso, xa solicitaron fai tres meses unha entrevista coa alcaldesa e outra coa Conselleira do Mar. En ambos casos aínda non recibiron resposta. Queren que lles dean unha solución.
En calquera caso, sinalaron que non están en contra dos mariscadores senón que o único que fan é defendelos intereses de comerciantes e hostaleiros. A presidenta de Zona Aberta, Rocío Louzán, explicou que non demandan só a ordenación do mar senón de todo o espazo que o rodea.
Polo momento, agardan recibir unha resposta das administracións senón non descartan tomar outro tipo de medidas.
Redacción Salnés









