A Plataforma en Defensa da Sanidade prepara unha nova mobilización

    plataforma_100_261009.jpgVILAGARCÍA> Pretenden que a manifestación concentre a tódolos cidadáns da comarca descontentos coa xestión da Xunta en materia sanitaria.

    {flowplayer}images/salnes/261009_sanidade_publica.flv{/flowplayer}

    Este venres, ás oito da tarde no Auditorio de Vilagarcía arrincan o preparativos dunha manifestación que pretende aglutinar a tódolos cidadáns descontentos coa xestión sanitaria que a Xunta está a levar a cabo no Salnés. Despois da polémica xurdida pola intención do goberno galego de suprimir áreas sanitarias como a do Salnés, a Plataforma arousana en Defensa da Sanidade Pública levanta de novo a voz. Protestan agora contra o que consideran un trato marxinal cara o Hospital comarcal, ó destinar apenas 200.000 euros dos orzamentos autonómicos para a ampliación deste centro. E apuntan como principal responsable á conselleira de Sanidade, Pilar Farjas.

    É precisamente esta partida orzamentaria a que levanta as maiores estelas. Sobre todo tendo en conta que a ampliación e dotación de recursos ó Hospital do Salnés foi un dos piares nos que se apoiou a campaña electoral dos populares nesta comarca.

    Nunha rolda de prensa celebrada no Auditorio Municipal, os representantes de colectivos sociais coma os sindicatos e políticos do PSOE, BNG e EU acusaron ó Executivo Galego de camiñar cara unha privatización da Sanidade Pública. A esta denuncia de falta de investimento no hospital comarcal, a Plataforma sumou o retraso do proxecto de construír un novo centro de saúde no edificio da Comandancia da Mariña en Vilagarcía.

    Redacción Salnés