Mar compensará á confraría polos danos derivados da ponte sobre a ría

compensacionsconfrarianoia100.jpgNOIA> O inicio das obras da ponte sobre a ría de Noia non afectará á campaña marisqueira da confraría.

{flowplayer}barbanza/compensacionsconfrarianoia.flv{/flowplayer}

Segundo o patrón maior, os traballos para construír o viaduto estanse a executar lonxe dos bancos naturais polo que non interferirán nas tarefas dos mariscadores.

Como contrapartida ós danos ocasionados pola obra, a Consellería achegará á confraría axudas por valor de catrocentos sesenta mil euros.

Mediante esta subvención, o pósito poderá adquirir unha embarcación e diversa maquinaria para mellorar o rendemento e as condicións de traballo dos socios.

Redacción Barbanza