A área recreativa do río Barosa estará lista no mes de agosto

    barosa.jpgBARRO> Así o anunciou esta mañá o Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, durante a visita que realizou ó concello.

    {flowplayer}images/salnes/AGUSTIN_HERNANDEZ_BARRO.flv{/flowplayer}

    Será o vindeiro mes de agosto cando vai estar á disposición dos veciños a área recreativa e a senda peonil do río Barosa, en Barro. Despois só restará a construción da nova ponte para a finalización das obras, previsto para o mes de outubro. Así o informou esta mañá o Conselleiro de Medio Ambiente durante a visita que realizou ó municipio.

    Previamente á visita das obras ó río Barosa, Agustín Hernández, asinou un protocolo xunto ó alcalde de Barro para a conexión alternativa á estrada N-550. Segundo o Conselleiro, esta obra permitirá melloralas comunicacións dos novos sectores residenciais e evitar o aumento do tránsito rodado no núcleo urbano.

    Por último, Hernández, destacou que estas obras son froito do entendemento entre administracións.

    Redacción Salnés