Amegrove sigue intratable e suma o seu séptimo triunfo

SALNÉS> Como era de esperar Amegrove adxudicouse dúas novas victorias en Poio e Vigo polo que xa suma sete triunfos consecutivos. De destacar onte, foi o terceiro posto de Vilaxoan e a descalificación de Mecos.

Non hai quen poida discutir a superioridade de Amegrove. Os de Porto Meloxo volveron a sumar dúas novas victorias pese ás condicións que se deron nas regatas desta fin de semana: o sábado en Combarro remouse nunha regata a seis longos e onte en Vigo en contrarreloxo polas malas condicións do campo de regatas nos carreiros 1 e 4.

 Nin con esas puideron cos de José Ángel Cambados, que superou a Chapela os dous días por 10 e 14 segundos, respectivamente. Os de Fran González siguen sen poder achegarse a Amegrove pero cumpren coa súa obriga de ser segundos tódolos días.

Máis aberta continúa a loita pola terceira praza que agora mesmo ocupa Cabo con tres puntos de vantaxe sobre Meira e Vilaxoán. Os de Boiro foron terceiros o sábado superando con claridade a Meira, mentres que Vilaxoán tan só puido ser quinta ó saír na terceira quenda con Mecos, A Cabana e Coruxo. Mellor lle foron as cousas ós de Gelo Tarrío onte en Vigo, onde foron terceiros por diante de Cabo de Cruz.

Fin de semana para esquencer de Mecos que cae á séptima praza da xeral logo de finalizar oitava en Poio e onte ser descalificada por non pasar nunha virada polo arco da ponte de Toralla que lle indicara a organización. Con todo, a mala fin de semana da Cabana sitúalles a tan só tres puntos dos ferroláns.

Por abaixo, Rianxo e Puebla sumaron os mesmos puntos esta fin de semana e manteñen a súa loita polo undécimo posto. Esteirana é penúltima con catro puntos de marxe sobre a pechacancelas Mugardos, que nestas dúas regatas foi quen de recurtarlle a distancia, aínda que minimamente.

Redacción Salnés