Boiro tinguirase de branquiazul cunha nova edición do DeporCampus

BOIRO> Boiro será un ano máis sede do DeporCampus.

A actividade levarase a cabo do 10 ó 14 de xullo nas instalacións no estadio municipal de Vista Alegre. Como en anos anteriores poderán participar nenos e nenas de idades comprendidas entre os 6 e os 14 anos.

Durante a semana nas que se celebra o campus, os rapaces levarán a cabo diferentes actividades lúdicas, todas elas relacionadas co fútbol, baixo a supervisión dos propios adestradores da canteira deportivista.

Colaboran coa proposta tanto o Concello como as Escolas Deportivas Municipais, entidade esta última coa que o Deportivo da Coruña ten asinado un convenio de colaboración.

As inscricións xa están abertas de forma online, podéndose realizar a través da web deporcampus.rcdeportivo.es.

Na páxina atoparán tamén todo tipo de información sobre o campus, como  o relativo ó número de prazas ou prezos, entre outras cuestións.