O Vilalonga fuxe do cartel de favorito ante o Céltiga

leis250_140110.jpgSANXENXO> Sen dúbida a cita que centrará moitas das miradas esta fin de semana será a do derbi de San Pedro, Vilalonga-Céltiga. Falamos co técnico celeste, Gabi Leis, sobre as claves do encontro que se xoga este domingo a partires das cinco da tarde.

{flowplayer}images/salnes/vilalonga_140110.flv{/flowplayer} 

O Vilalonga afronta con optimismo o encontro deste domingo sabedor de que pode facerlle moito dano a un Céltiga que está á baixa. Os celestes acadaron certa regularidade de resultados que os fai convivir na xeral máis preto da cabeza que do descenso. Iso grazas a unha boa traxectoria como local, en San Pedro tan só perderon ante o Depor B alá polo mes de setembro. Con todo Gabi Leis non se fía, non quere o cartel de favorito e respeta a un Céltiga do que destaca a gran calidade do seu plantel.

Ben é certo que a diferencia entre ambos na xeral é tan só de catro puntos pero as sensacións que deixaron no último mes e medio de competición uns e outros é ben diferente. Aínda así, Leis non cree que os da Illa cheguen ó derbi coa necesidade imperiosa de vencer. 

Nos últimos cinco encontros que xogaron en San Pedro o Vilalonga tan só recibíu dous tantos, o que fala do bo momento que atravesan no aspecto defensivo. Para Leis, esa será unha das claves do encontro.

Por outra banda, sabedor de que o equipo está a deixar moi boa imaxe tanto polo seu futbol como polos resultados, prefire frear a euforia e lembrar que o obxectivo segue a ser a permanencia e que aínda resta moito camiño para acadala. 

O certo é que de gañar o Vilalonga podería colocarse moi preto do grupo que loita pola cuarta praza e ademais metería en problemas ó Céltiga. Pero xa se sabe que nos derbis pode pasar calquera cousa.

Redacción Salnés