O mellor do padel galego reúnese en Caldas de Reis

CALDAS> Mañá arranca en Caldas de Reis o I Torneo de Padel Kinson. Está organizado polo Centro Deportivo Condesa Sport e reunirá a preto de 90 parellas de toda Galicia, includídas as mellores do ranking autonómico. O gran atractivo reside en que as fases finais do torneo xogaranse nunha pista instalada para a ocasión na céntrica Tafona.

{flowplayer}images/salnes/Padel_160611.flv{/flowplayer} 

O melloriño a nivel galego e incluso parellas de renome internacional, danse cita esta fin de semana en Caldas de Reis no I Torneo de Padel Kinson.

A competición arranca mañá no Condesa Sport coas fases previas. Mentres tanto ultimaranse detalles para que a pista que se está a instalar na Tafona estea en perfectas condicións para acoller dende o sábado pola tarde as eliminatorias. As semifianais e finais quedarán para o domingo pola mañá.

Un recinto no que non só estará a pista de padel. Os rapaces terán a súa zona de xogos, haberá cafetería e un ‘dj’ que quencerá o ambiente previo ós partidos.

O torneo repartirá 2.500 euros en premios entre os mellores clasificados. Será unha competición reñida xa que estarán as mellores parellas de Galicia. 

Parelelamente ó torneo federado, estase a xogar un para afeccionados, non federados. Entre as dúas competicións o Condesa Sport reune a 90 parellas, converténdose nesta datas no epicentro do padel a nivel galego.

Redacción Salnés