Un choque entre un tren e un camión sáldase sen feridos

    accidentetren copia100.jpgPONTEVEDRA> O accidente produciuse ó redor das 9 e media da mañá, cando o tren cubría o traxecto Vigo- A Coruña.

    {flowplayer}images/salnes/ACCIDENTE_TREN_BARRO.flv{/flowplayer}

    O camión que provocou o choque estaba estacionado na mesma vía do tren nun paso a nivel, debido ás obras que se están a realizar no entorno para preparalo para o paso do AVE. A consecuencia do golpe, ambos vehículos circularon unidos ó longo de varios metros.

    A pesares do aparatoso accidente, que se produciu ó redor das 9 e media da mañá cubrindo o traxecto Vigo- A Coruña, o feito de que o convoy non circulase a moita velocidade fixo que non se rexistraran danos persoais.

    O incidente fixo que a vía estivera cortada varias horas, provocando cancelacións e atrasos en cinco trens que afectaron a máis de 300 viaxeiros.

    Redacción Salnés