Nace unha nova entidade para a defensa dos pacientes de Muros-Noia

MUROS> Nace na comarca de Muros Noia unha nova entidade social. A Unión Paciente Finisterrae busca establecer un punto de encontro onde pacientes e familiares poidan asesorarse dos seus dereitos a nivel xurídico. O vindeiro venres día quince terá lugar unha xornada informativa en Muros. A Unión fai a forza. Isto teñen claro os impulsores da asociación da Unión do paciente Finisterrae que busca aunar esforzos para conseguir unha mellora da calidade asistencial en Galicia. O obxectivo final é defender os dereitos dos pacientes e familiares para o que prestan un servizo de asesoramento xurídico. Co obxectivo de dar a coñecer a entidade e sumar novos socios, realizarán unha presentación o vindeiro venres ás oito da tarde na antiga fábrica de Sel. O concello de Muros colabora na iniciativa.