‘Quilómetros Solidarios’ en favor de Cáritas Rianxo

RIANXO> O obxectivo desta iniciativa ‘Quilómetros Solidarios’ que a firma BeOne desenvolverá en tódalas súas instalacións ten unha dobre finalidade.

Por unha banda promover a actividade física entre os seus usuarios, e por outra, un fin solidario, xa que a empresa fará unha achega duns tres mil euros a aquela instalación que logre sumar máis quilómetros, que serán doados a unha entidade social. De conseguilo, no caso de Rianxo  irá destinado a Cáritas.

A actividade desenvolverase os  días 19, 20 e 21 deste mes de decembro. Eses días os usuarios disporán dunha cinta para poder realizar este reto solidario.

Dende a piscina de Rianxo fan unha chamada ós usuarios da instalación a participar nesta actividade solidaria. Neste caso, o esforzo merece a pena, pois a finalidade é acadar o maior número de quilómetros e facerse cos tres mil euros para Cáritas Rianxo.