Boiro levará mañá a pleno a aprobación do convenio coa Academia Galega de Seguridade

BOIRO> O equipo de goberno levará mañá a pleno para a súa aprobación a proposta de asinar  un convenio coa Academia Galega de Seguridade Pública para o desenvolvemento de tódolos procesos selectivos das prazas de Policía Local e auxiliares do Concello.

Segundo explicou o rexedor o obxectivo deste convenio é que a Xunta asuma a convocatoria de prazas vacantes, formación e período de prácticas das distintas categorías do corpo da Policía Local.

Na actualidade existen prazas pendentes de cubrir na Policía Local debido a xubilacións e a intención do Goberno Municipal é poder cubrilas á maior brevidade posible de tempo para así poder prestar un mellor servizo en materia de seguridade á veciñanza.