Sanxenxo acolle o IV Torneo Internacional de waterpolo praia

SANXENXO> Trátase dunha das máis importantes citas desta disciplina a nivel europeo e reunirá a 30 equipos de España, Portugal, Alemania e Italia. O evento foi presentado esta mañá.

{flowplayer}images/salnes/waterpolo_190711.flv{/flowplayer} 

O Club Natación Galaico de Pontevedra organiza un ano máis o Torneo Internacional de Waterpolo Praia e como sempre escolle Sanxenxo e Silgar para celebralo. Nas tres edicións precedentes pasaron polo torneo máis de 130 equipos e 1.500 xogadores, nesta ocasión concurrirán 24 conxuntos masculinos e 6 femeninos, entre eles un representante italiano, outro alemán e varios portugueses, así como conxuntos chegados dende diversos puntos da xeografía española.

O Galaico conta co apoio de Concello e Deputación de Pontevedra, hoxe representados pola edil de deportes, Isabel González, e a deputada Begoña Estévez.

Os encontros disputaranse na praia da Silgar do sábado ás 12:00 ata as 20:00, e o domingo pola mañá. A final femenina está programada para as 16:00 e a masculina para as 16:30. Nas inmediacións do campo instalaranse pantaláns para que todo aquel que queira, poida seguir de preto os partidos.

Redacción Salnés