A Garda Civil incáutase de 250 plantas de marihuana nunha vivenda en Portas

    marihuana copia100.jpgPORTAS> Os feitos, que aconteceron o pasado 11 de xullo, propiciaron a detención de dezaseis veciños de Rianxo.

    {flowplayer}images/salnes/MARIHUANA_PORTAS.flv{/flowplayer}

    A incautación da plantación produciuse no marca dunha investigación que levou a cabo o equipo da Policía Xudicial da Garda Civil de Cambados que permitiu a detención de dezaseis veciños de Rianxo. Os veciños da zona recoñeceron que a nova os collera por sorpresa.

    E é que, tal e coma informou a Garda Civil, a plantación estaba perfectamente oculta á vista do público mediante arbustos, coma poden ver nas imaxes. Ademais, estes veciños recoñeceron que en ningún momento viron movementos estraños nos dous meses que estiveran.

    Ós dezaseis detidos, que xa pasaron a disposición do Xulgado de Instrución número un de Caldas de Reis, impútaselles un presunto delito contra a saúde pública por cultivo ou elaboración de sustancias estupefacientes.

    Redacción Salnés