A Confraría de Cambados suspende a festa da vieira

CAMBADOS> Unha das festas máis coñecidas de Cambados non se celebrará este ano. A Confraría da vila suspende a festa da vieira. Dende o Porto de Cambados advirten que teñen pouco recurso e temen quedar sen el na tempada de nadal.

Cambados quedarase sen unha das súas festas máis populares. A festa da Vieira non se celebrará este ano. Dende o Porto de Cambados xustifican esta decisións por varias circunstancias, entre elas a falta de produto.

A xerente do Porto de Cambados lamenta ter que chegar a esta medida. Asegura que non se poden arriscar a estar sen produto en nadal.

Despois de dezasete edicións a festa parará, polo menos un ano. Dende o Porto teñen claro cales son as medidas a tomar para que o próximo ano non se repita esta situación.

A pesar da suspensión da Festa, segundo Mar Ambroa aínda non teñen asegurado contar co produto necesario para o nadal. Pero polo menos, esta decisión permítelles ter marxe por se ven unha mala campaña.