O Enobús de Cambados consolídase ca súa III edición

CAMBADOS> O Enobús de Cambados volverá a visitar as adegas este verán. A gran novidade deste ano é un showcooking nas visitas á Torre de San Sadurniño. Os viaxes terán lugar en xullo e agosto.

O Concello de Cambados presentou a III edición do Enobús, un produto enoturístico que combina as experiencias vitivinícolas con visitas as adegas. O programa é similar ó do ano pasado. Mantense a cata de viños espumosos no Museo do Viño, a viaxe á Fundación Manolo Paz substitúese por unha visita polo conxunto artístico e turístico da vila e a novidade serán os showcookings nas visitas á Torre de San Sadurniño.

Un dos obxectivos deste ano é promocionar o Enobús por toda a comarca para chegar a todos os veciños do Salnés. Para a Mancomunidade, o enoturismo é un dos maiores reclamos turísticos.

Os adegueiros aseguran que o Enobús é unha gran oportunidade que lles está dando un recoñecemento a nivel rexional e nacional.

Os viaxes celebraranse de luns a venres nos meses de xullo e agosto. O prezo é de 12 euros, cun desconto do 50% para os mozos de 10 a 17 anos e gratuíto para os menos de 10.