López Rivas e Joan Rubi din adeus ó Dakar

jose_luis_rivas250_130109.jpgSALNÉS > O equipo Sanxenxo Dakar despídese da súa aventura no Rally Dakar que se disputa en Arxentina e Chile. Na sexta etapa o Mitsubishi de Jose López Rivas virou nas dunas e quedouse sen potencia e sen opcións de poder completar o percorrido marcado para ese día.

O único equipo galego que tomou parte na proba de coches nesta edición arrastraba desde o primeiro día as condicións mecánicas adversas do seu vehículo. O pasado xoves produciuse o accidente que provocou o abandono. Tras romper a palanca de cambios na terceira etapa, o Mitsubishi de López Rivas rodaba só en segunda e quinta marcha, e non puido saír da zona areosa na que virou. Despois de pasar a noite na area, Rivas e o seu copiloto Joan Rubi trataron de saír das dunas, pero pincharon. O coche dixo basta e o equipo galego tivo que dicir adeus á carreira.

Redacción Salnés