Victoria do Barbeito que lle outorga esperanzas de salvación

futbolsala250_220408.jpgSALNÉS > O fútbol sala trae boas novas esta semana. Aínda que o Grupo Junquera caeu derrotado no seu desplazamento a Fisterra, o Hermanos Barbeito colleitou unha victoria fóra da casa ante un dos rivais máis complicados da categoría polo que aínda hai esperanza de salvación.

O Hermanos Barbeito sigue a crer na salvación. Por moito que as matemáticas lle dixeran que estaba con pé e medio en Nacional B, os portonoveses están a deixarse a pel na pista en cada encontro.

Dos que lle quedaban, o que gañou esta fin de semana era probablemente dos que se pensab perder, ante o Restauraciones El Llano, terceiro clasificado e que se está a xogar o ascenso. Pero nesta ocasión puido a fe dos de Rodri, que estiveron boa parte do encontro por diante no marcador, grazas a intensidade defensiva que amosaron en  sobre todo na primeira metade, na que presionaron a todo o campo. Por iso se foron 3-4 arriba ó descanso.

Pese a que os asturianos o intentaron por tódolos medios durante os primeiros minutos do segundo tempo, o Barbeito aguantou ata tres para o final. Nese intre El Llano acadou a súa primeira vantaxe no marcador; ahí semellaba que xa non poderían reaccionar os portonoveses, extasiados polo esforzo realizado durante todo o partido.

Pero con porteiro-xogador, Pablo Durán fixo o empate (6-6) e Salgueiro a trinta segundos para o final recuperaba un balón que o convertía en gol e en tres puntos que serven para colocarse a cinco da salvación (6-7).

A vindeira semana enfrontarase ó Benavente, rival directo por eludi-lo descenso.

Unha división por debaixo o Grupo Junquera non puido co Fisterra co caeu derrotado por 8-5. Foi probablemnte o peor partido do equipo vilagarcián dende que Santi Iglesias sentouse no banquiño. A pouco de iniciarse a segunda metade caían por 6-0, e sÓ o orgullo e a relaxación local nos últimos compases fixo que maquillasen un pouco o marcador.

Unha derrota que non inflúe na clasificación do Junquera que continúa oitavo con 41 puntos. A vindeira xornada será a que peche a liga; os vilagarciáns o farán na casa ante o Muebles Caloto.

Redacción Salnés