Os socialistas denunican os enchufismo nas contratacións do verán

    enchufismo.jpgPOBRA> Denuncian vinculacións persoais entre a corporación municipal e os contratados para a limpeza de praias e socorrismo este verán

    {flowplayer}barbanza/psoe_enchufados.flv{/flowplayer}

    Así denunciaba a voceira dos PSEO da Pobra, Teresa García Guillán, os procesos de selección seguidos dende a actual alcaldía para a contratación dos empregados públicos que este verán velarán pola limpeza das praias e o salvamento nos areais. Desde a formación afirmase que se incumpriron sistematicamente os principios de igualdade, mérito e capacidade dando prioridade exclusiva ás persoas relacionadas directa ou indirectamente co Partido Popular.

    Implicados

    Preto de 20 persoas que mantiveron algún contacto coa formación política apoiando a organización electoral nos últimos comicios, que manteñen algún tipo de relación familiar con cargos da actual directiva pobrense ou que teñen algunha responsabilidade dentro da organización da formación xuvenil popular, Novas Xeracións. Ademais, o secretario xeral de comunicación, Martín Giménez, engadiu que este protocolo de selección fomenta o abandono no que se atopan os areais pobrense.

    Resposta municipal

    Pola súa banda o alcalde da Pobra, Isaac Macerias, recordoulle á socialista que os procesos de selección realízanse a través do persoal técnico do concello e non dende a alcaldía, e que incluso os fillos, netos, ou sobriños de calquera formación teñen o dereito de concorrer a unha praza de emprego público. Por último o popular reiterou a súa confianza plena nos principios de transparencia e, sobre todo, no persoal que conforma o seu equipo. 

    Redacción Barbanza