A Xunta relizará en outubro unha nova inspección en San Finx

LOUSAME> O BNG levou hoxe ó Parlamento novamente os problemas derivados das actuacións que a firma concesionaria está a executar actualmente na mina de San Finx, referidas concretamente á xestión das augas residuais xeradas na explotación, que tanta alarma e preocupación social están a suscitar.

Na súa resposta a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, anunciou que a Xunta realizará durante o vindeiro mes de outubro unha nova inspección na explotación mineira para verificar se a empresa cumpre co seu deber de execución da depuradora.

De non ser así, e constatarse a reiteración por parte da firma do incumprimento das condicións de vertido establecidas, iniciarase o procedemento para facer efectiva a revogación da autorización dada no seu día.

Na súa comparecencia a conselleira insistiu no estrito cumprimento da lexislación por parte de Augas de Galicia. De feito, segundo ela, este labor de control que realiza a Xunta de xeito continuo na mina, foi o que permitiu detectar valores superiores ós permitidos en varios parámetros  da contorna da mina, o que motivou a apertura dun expediente sancionador á empresa, que agora, de reiterarse un novo incumprimento, derivaría nunha nova multa e a  retirada da autorización.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí