NOIA> A Marea Cidadá de Noia levará ó Parlamento os problemas no servizo de pediatría. Denuncia a existencia de listas de espera de ata dez días para obter cita en atención primaria.
Recollendo as queixas de numerosas familias do municipio, a Marea Cidadá denuncia a longa lista de agarda existente no servizo de pediatría. A agrupación independente considera moi grave que exista unha espera de máis de dez días en atención primaria.
Nos próximos días, a agrupación iniciará unha recollida de sinaturas para levar unha iniciativa non de lei ó parlamento instando a mellorar o servizo público de sanidade en Noia.
A este respecto, dende a Marea critican a pasividade do grupo de goberno por non ter iniciado xestión algunha para mellorar a xestión de persoal no centro de saúde noiés.