Noia acolle un seminario sobre as potencialidades dos xeodestinos turísticos

NOIA> Alcaldes e técnicos dunha vintena de concellos de toda Galicia asistiron  ó seminario sobre a xestión dos xeodestinos turísticos, organizado pola Asociación Rural de Desenvolvemento Ría de Muros Noia. Ademais do xerente do xeodestino Muros Noia participaron na xornada os representantes doutras comarcas que expuxeron as vantaxes de unir forzas entre os concellos para fomentar o desenvolvemento turística. Igual de importante, concluíron, é a colaboración dos entes públicos coa iniciativa privada para configurar unha oferta de servizos de calidade.  A directora xeral de Turismo, Nava Castro, participou na inauguración da xornadas xunto co alcalde de Noia, Santaigo Freire, a presidenta da ARD Muros Noia, Teresa Villaverde, e os delegados territoriais da Xunta na Coruña e Lugo, Ovidio Rodeiro e Xosé Manuel Balseiro. Nava Castro destacou a importancia de celebrar estes encontros para fomentar a colaboración entre as distintas administracións e compartir experiencias e que os xeodestinos máis avanzados axuden ós que están empezando.