Rafael Louzán presentou esta mañá a que será a “Nova Deputación”

    fotonovadiputacioncopia.jpg PONTEVEDRA> Os deputados pasarán a ser deputados territoriais, facéndose cargo de tódolos asuntos na súa área. O encargado do Salnés será Jorge Domínguez.

    {flowplayer}images/salnes/PtacNovaDeputacion.flv{/flowplayer}

    O que dende o propio organismo provincial se deu en chamar Nova Deputación, baséase fundamentalmente nos conceptos de proximidade e austeridade.

    O primeiro paso do cambio está nos propios deputados que deixarán de ser deputados de áreas ou servizos e pasan a ser deputados territoriais.

    Na comarca do Salnés son dous os deputados electos o propio Presidente da Deputación e o alcalde de Meaño Jorge Domínguez, polo que será este o deputado territorial.

    En canto á redución de custes, o presidente anunciou que no que se refire o equipo directivo, persoal de confianza e asesores verase diminuído ó redor dun 50 por cento.

    E o outro gran cambio producirase no ámbito institucional, onde se reduciran os organismos autónomos, pasando de oito a tres.

    Deste xeito suprímense como organismos autónomos a Caixa de Anticipos, a Escola de Canteiros, o Ipespo, o consello de asesoramento municipal e a escola de Enfermería.

    Redacción Salnés