Gonzalo Durán, satisfeito polo nomeamento do seu irmán

    VILANOVA> José Juan Durán deixará o seu posto de concelleiro de cultura para presidir Portos de Galicia.

    {flowplayer}images/salnes/valoracion_gonzalo_nomeamento_jj.flv{/flowplayer} 

    Así de contento se amosaba esta mañá o alcalde de Vilanova tras coñecerse que o seu irmán asumirá a presidencia de Portos de Galicia. Un posto que ocupaba José Manuel Álvarez Campana e para o que Gonzalo Durán ten palabras de agradecemento. 

    O derribo de Charpo, a estación marítima, a ampliación da lonxa e o edificio para as mariscadoras, son os principais logros acadados por Álvarez Campana para Vilanova. O rexedor espera que José Juan Durán traia máis proxectos para este concello. 

    Como consecuencia do nomeamento de seu irmán, Gonzalo Durán dimitirá do seu cargo de vocal no consello de administración de Portos de Galicia. Ademais asumirá, de momento, a concellería de Cultura, tarefa que non delegará noutro concelleiro ata despois do verán.

    Redacción Salnés