Comezan en Vilanova as obras de mellora da seguridade viaria

    esteiro_100.jpgVILANOVA> A estrada PO-302 que une a parroquia de Esteiro co centro de Vilanova está sendo reparada. Trala xuntanza mantida entre o alcalde local…

    {flowplayer}images/salnes/010609_gonzalo_obras_esteiro.flv{/flowplayer}

    … e o Conselleiro de Medio Ambiente, Infraestructuras e Territorio mantida o pasado venres en Santiago sobre este tema, esta mesma mañá comezaron as actuacións de cambio do firme da estrada.

    O Alcalde Gonzalo Durán aplaudiu a celeridade ca que a nova Xunta de Galicia está desenvolvemento este tipo de actuacións de mantemento destinadas a mellorar a seguridade viaria, nun punto que se caracterizou pola súa alta sinistralidade malia ser unha recta cunha gran visibilidade.

    Estas tarefas poderían estar rematadas, tal e como entende ó rexedor vilanovés, ó longo desta semana.

    Redacción Salnés