![]()
VILAGARCÍA> A Festa da Auga repite éxito de participación e volve a centrar unha das xornadas estrela das festas de verán.
{flowplayer}images/salnes/FESTA_AUGA_2011.flv{/flowplayer}
Pistolas de auga, caldeiros, botellas … os mozos enchían as rúas de Vilagarcía, con un obxectivo: mollarse e pasalo ben.
Neste ano, destacan algunhas novidades. Os habituais camións cisterna foron substituidos por seis plataformas dende onde os bombeiros lanzaron a auga á multitude. Despois de toda a noite de troula, algún agradecía un pouco de auga fresca.
Con camisetas deseñadas especialmente para a ocasión, con disfraces, gafas de xoguete, ou tambores. Os vilagarciáns pedían a auga cos seus mellores traxes. E houbo incluso quen ía preparado ata con neopreno.
Con tanta festa é imposible evitar a acumulación de lixo. Dende primeira hora da madrugada, os servizos de limpeza encargábanse de recoller e habilitar a praia coa previsión de que estivera preparada para a tarde. As celebracións de San Roque continuarán durante toda a semana cunha amplia programación, como a actuación nesta noite da cantante Tamara. O broche final será o vindeiro domingo co espectáculo pirotécnico do Combate Naval.
Redacción Salnés









