RIBADUMIA> Arrancan as precatas da Festa do viño tinto do Salnés de Ribadumia. As primeiras celebráronse onte á noite no Centro Social San Andrés de Barrantes. Continuarán ata o vindeiro luns, día 12.
Son a fase previa ás precatas finais que se celebrarán os días 24 e 25 deste mes. No caso das variedades autóctonas, as caatas serán o día 15 de maio. Os gañadores daranse a coñecer o sábado grande da festa, o 1 de xuño, concluído o xantar.
Ademais, o Concello xa puxo á venda as entradas para reservar mesa e participar nesta comida de confraternidade. Este ano, como novidade, haberá unicamente un punto de venda e as mesas estarán numeradas, para unha maior organización.
Nesa xornada tamén se investirán os novos valedores e se dará lectura ao pregón este ano a cargo de María Foscaldo, a través da súa viral personaxe Virtudes “a repunante”.