Zona Aberta entrega os seus agasallos polo Día da Nai homenaxeando á mamá máis nova e máis veterana

VILAGARCÍA> Xa coñecemos a gañadora do sorteo do Día da Nai de Zona Aberta de Vilagarcía. O premio desta campaña é para Mercedes Espiñeira, que participou co seu ticket por unha compra feito no establecemento Nieves Álvarez. A afortunada fíxose cun premio de 300€ en vales de compra e unha visita guiada ao Pazo de Rubiáns.

Ademais, o colectivo de comerciantes e hostaleiros vilagarciáns celebrou o día da nai entregando unha cesta con produtos á mamá que deu a luz xusto ese día no Hospital do Salnés. A afortunada chámase Leticia que o pasado domingo tivo ao seu fillo Milo, acompañado da súa parella Alberto.

Tamén lle entregaron un agasallo á nai con máis historia de Vilagarcía. Chámada Purita Ramos e, aos seus 105 anos, é a mamá máis veterana da cidade. Zona Aberta fíxolle unha visita á súa casa, onde lle entregaron un ramo de flores.