A piscina de Cambados podería ter nova xerencia a vindeira semana

    CAMBADOS> A semana que ven podería haber unha nova empresa xestionando a piscina municipal de Cambados. O Concello apura os prazos para evitar que os quince empregados cos que conta esta infraestructura deportiva pasen máis días sen cobrar.

    A vindeira semana unha nova empresa asumirá as rendas da piscina municipal de Cambados, ou alomenos esa é a previsión ca que traballa o Goberno Municipal logo de que hoxe o Alcalde levase o expediente á Deputación de Pontevedra, onde un técnico especializado valorará o proxecto deportivo da empresa provisional adxudicataria. Así o Concello apura os prazos para que a plantilla poida cobrar canto antes. Durante os próximos dous meses, a empresa adxudicataria provisional da que non apuntaron o nome, farase cargo do pago ós traballadores e do 40 % dos gastos de mantemento ata que unha nova empresa gañe o novo concurso de licitación. A empresa que xestionou ata o de agora a piscina, Gimnasio Pazos, seguirá á dirección da mesma ata o propio día no que entre esta nova xerencia provisional. Amais xa lle foi notificada fai dez días a resolución do seu contrato por incumprimento de pagos ós traballadores. Uns 15 empregados que seguen ca actividade diaria da piscina con total normalidade. O Alcalde cambadés aclarou que a día de hoxe hai dous traballadores menos no staff da piscina posto que a delegada sindical foise por vontade propia e a un traballador extinguíuselle o contrato e non hai quen llo renove, polo de agora. Unha plantilla que se mantén, di Aragunde, grazas as xestións do Partido Popular. Este rexedor anunciou que fará público un cronograma de actuación para demostrar que non se perdeu un só minuto na resolución deste conflicto, malia a depender tamén doutras administracións.

    {flowplayer img=https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/17/piscina2.jpg}https://www.canalriasbaixas.com/images/ano2014/09setembro/17/novidades_piscina_cambados.mp4{/flowplayer}