O PP de Vilagarcía organizou un almorzo coas entidades socias da vila

VILAGARCIA> Escoitar a todas as entidades sociais. Con este obxectivo o Partido Popular de Vilagarcía celebrou un almorzo cos representantes das organizacións ó que tamén asistiu a Conselleira de Política Social, Fabiola García. Os populares móstranse moi ilusionados de cara as próximas eleccións.

Últimos días de campaña. Os partidos mobilízanse todo o posible para chegar ós votantes. O PP de Vilagarcía celebrou hoxe un almorzo coas entidades sociais da vila.

Ó acto acudiu a Conselleira de Política Social da Xunta. Fabiola García destacou a importancia do encontro para escoitar as necesidades de todas as entidades sociais.

A primeira en enfrontarse ás urnas será Elena Suárez. A vilagarciá parte como número 3 nas listas do PP por Pontevedra. A popular confía en obter un bo resultado.

Nas últimas eleccións do 2016 o PP conseguiu máis de 206 mil votos o que significou 3 escanos. De repetirse estes datos, Elena Suárez entraría no Congreso.

Comments are closed.