RIANXO> Os socialistas galegos celebran na vila rianxeira o Día de Galicia. Entre os asistentes atopábase o ministro de Xustiza, Francisco Caamaño.
{flowplayer}barbanza/psoediagaliciarianxo.flv{/flowplayer}
Rianxo volveu a ser novamente escenario da celebración do Día de Galicia por parte do PSdeG-PSOE. Ante o busto Castelao, no paseo da Ribeira, déronse cita centos de simpatizantes e militantes desta formación política, encabezados polo seu secretario xeral, Pachi Vázquez. O líder dos socialistas galegos foi o encargado, xunto co portavoz do Grupo municipal Socialista, Carlos Gey, de realizar a tradicional ofrenda floral ante o busto de Castelao, cando se cumpre o 125 aniversario do nacemento deste intelectual e político galeguista.
Reforma Estatuto Autonomía
Unha vez realizada a ofrenda desenvolveuse un acto institucional no que o líder dos socialistas galegos anunciou, para o mes de setembro, a presentación ó Pleno do Parlamento dunha Proposición de Lei para a reforma do Estatuto de Autonomía. Na súa intervención Pachi Vázquez chamou ó consenso para acadar un acordo de reforma na defensa dos dereitos dos galegos e das galegas e para blindar en Galicia os piares do Estado social.
Críticas ás políticas do PP na Xunta
Aproveitou tamén a ocasión para arremeter contra o goberno de Núñez Feijoo, aludindo a que neste momento non deben existir, segundo el, outras prioridades mais que a creación de emprego e a garantía da pervivencia do sistema público sanitario e educativo, sen privatizacións, sen copago e sen discriminacións no acceso ós medicamentos.
Redacción Barbanza