Preocupación en Boiro ante o posible peche da oficina de Abanca en Escarabote

BOIRO> O executivo boirense iniciou diversas accións para conseguir un cambio de postura en ABANCA e  evitar así o peche da oficina de Escarabote, un dos núcleos de poboación máis importantes do municipio. O alcalde, José Ramón Romero, ten previsto manter esta semana unha xuntanza co director territorial da entidade para tratar este asunto.

A decisión de ABANCA de pechar a súa sucursal de Escarabote, un dos núcleos de poboación máis importantes de Boiro, non caeu ben entre a veciñanza, pero tampouco para o executivo local. O alcalde, José Romero Romero considera que o peche desta oficina causaría un prexuízo importante para a veciñanza, ó verse privada dos servizos que esta sucursal ofrece para levar a cabo as súas xestións diarias.

Nos próximos días ten previsto manter unha xuntanza co director territorial da entidade para tratar este asunto e conseguir un cambio de postura en ABANCA, evitando así o peche da oficina.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí