NOIA> O espectacular accidente, que tiña lugar á altura de Taramancos, implicou a varios vehículos.
{flowplayer}barbanza/accidentetaramancos.flv{/flowplayer}
Ao parecer o vehículo que viaxaba en dirección Noia invadiu o carril oposto e colisionou de fronte con outro automóbil que transitaba en dirección contraria. A partir de aí, o turismo que ía detrás do afectado, tamén en dirección Ribeira, colidiu ao primeiro, que se desprazou varios metros ata alcanzar a outro implicado que circulaba en sentido contrario. En total foron catro os feridos dos que aínda se descoñece a súa gravidade.
Operativo emerxencias
Ata o lugar de Taramancos, o tramo exacto de estrada onde tivo lugar o sinistro, trasladáronse atestados, bombeiros, emerxencias, policía local de Noia e o Grumir que comezaron cos protocolos de emerxencia. Como medida de seguridade, a estrada Noia Ribeira estivo cortada ate ben avanzada a tarde, cando os efectivos de seguridade remataron os labores de limpeza do pavimento. Unha interrupción da vía que orixinou importantes atascos, sobre todo, na saída de Noia que une a localidade con Ribeira.
Redacción Ribeira