Emotiva homenaxe ós fotógrafos muradáns Juan e Perpetua Malvárez

MUROS> A casa da cultura de Muros quedouse pequena para poder acoller a homenaxe os fotógrafos muradáns Juan Malvárez e a súa filla Perpetua.

O acto organizado pola Deputación da Coruña ó abeiro do premio Luís Ksado de Creación Fotográfica, comezou cun acto institucional presidido pola alcaldesa, Inés Monteagudo, e polo deputado responsable provincial de Cultura, Xurxo Couto.

Nas súas intervencións, os dous destacaron o traballo destes dous fotógrafos, que coas súas fotografías, cada un na súa época, documentaron a realidade social da vila e da comarca dende comezos do século XX.

No acto tamén tomou parte a neta e sobriña dos homenaxeados, Josefina Malvárez, que agradeceu a homenaxe.

Tralo acto institucional celebrouse tamén unha mesa redonda na que participaron Isidro Dubert, profesor de Historia na Universidade de Santiago e o fotógrafo Xurxo Lobato, comisario do premio Ksado.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí