‘Nas Rías Baixas, esta vendima vai ser unha das máis abundantes’

    tratamentos_vendimacopy.jpgMEAÑO> Así o destacou o técnico da adega Paco&Lola da DO Rías Baixas. Por iso, xa están aplicando os últimos tratamentos nas cepas.

    {flowplayer}images/salnes/VENDIMA_RIAS_BAIXAS.flv{/flowplayer}

    En torno a 36 e 40 millóns de quilos de uva é a produción que estiman colleitar este ano na Denominación de Orixe Rías Baixas. Sen dúbida, unhas cifras que superarían as do ano pasado. O técnico de adega Paco e Lola, Diego García, confesou que eles esperan un crecemento de entre un 15 e un 20%.

    Pero Diego García confesou que aínda é cedo para falar dun adianto da vendima. Son moitos os factores que poden propiciar que isto non se produza, entre eles a climatoloxía.

    Pero ante un posible adianto da vendima, nesta adega xa están aplicando os últimos tratamentos nas cepas que rematarán a mediados da vindeira semana.

    Redacción Salnés