Centos de persoas celebran a nova edición da Festa do Albariño

    inauguracionalbarino copia100.jpgCAMBADOS> Este mediodía, as autoridades invitadas encabezadas polo conselleiro de Medio Rural inauguraban a quincuaxésimo novena edición da Festa.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_ALBARINO_2011.flv{/flowplayer}

    Rematou a conta atrás e dende este mediodía o Paseo da Calzada de Cambados xa está listo para acoller a todos os que queiran participar nesta 59 edición da Festa do Albariño. Ata 44 adegas de Rías Baixas achegan máis de 100 das súas marcas para aproveitar o tirón desta importante cita.

    Con prezos mínimos de 8 euros para a botella e as copas a 1,5 euros, a organización agarda que máis de 200 mil visitantes se acheguen a Cambados ata o domingo; convertendo o albariño nun importante escaparate para o sector.

    Polo de momento, a inauguración xa foi unha das máis multitudinarias que se recordan. E é que nin cambadeses nin turistas quixeron faltar á cita.

    Con este acto, Cambados arranca un intenso programa de festas que se prolongará ata o final da edición, e no que se mesturan os actos institucionais, a música, o deporte e a cultura.

    Redacción Salnés