![]()
VILAGARCÍA> Vinteún rapaces e rapazas actuaron como ediles e alcaldesa para reivindicar a igualdade entre tódolos nenos do mundo.
{flowplayer}images/salnes/PLENO_INFANTIL.flv{/flowplayer}
A iso das 10 da mañá, a alcaldesa, Dolores García, xunto con outros membros da corporación, dispensaron unha recepción oficial ós pequenos concelleiros. Cerca de 200 alumnos de primaria de 7 colexios: A Escardia, A Lomba, Rosalía de Castro, Rubiáns, Sagrada Familia, San Francisco e Vilaxoán, acudiron a Ravella con moita expectación.
O obxectivo desta peculiar sesión era defender os dereitos dos nenos de todo o mundo e tamén facer reivindicacións propias. Con moitos nervios e con chuleta en mano, os pequenos explicaron as súas inquedanzas. Entre elas, as adopcións, a loita contra a pobreza, a paz e a igualdade entre razas.
Dende Ravella, a concelleira de Xuventude e responsable desta iniciativa, Ana Lorenzo, mostrouse moi satisfeita coa acollida desta celebración e afirmou que é unha boa forma de que os rapaces se interesen polo cumprimento dos seus dereitos.
Neste pleno recordouse que cada día morren máis de 17.000 nenos do mundo por falta de auga potable.
Redacción Salnés









