A Banda de música de Vilagarcía regresa tras un ano de parón cun concerto na Praza da Segunda República

VILAGARCIA> A banda de música de Vilagarcía celebrará un concerto de regreso centrado na música clásica popular. A agrupación musical xúntase tras máis dun ano e medio sen actuacións en solitario. O parón tivo consecuencias na banda sufrindo a baixa de máis de 20 músicos.

Tras máis dun ano de parón, a banda de música de Vilagarcía regresará cun novo concerto. A actuación non será a primeira da banda, xa que a semana pasada tiveron un acto nas festas da Torre, pero si será o primeiro concerto que organicen.

A banda regresa cun concerto popular clásico, pensando en que o público goce e coñeza o repertorio do espectáculo.

A pesar do regreso, a banda volve sufrindo os efectos da pandemia, xa que máis de 20 músicos deixaron a agrupación. Ademais, tamén volven sen apenas poder ensaiar en conxunto debido ás restricións da pandemia.

O concerto terá lugar o día 16 de outubro á 1 da tarde. A praza da Segunda República estará pechada e adaptada para velar pola seguridade sanitaria dos asistentes.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí