A Aldea de Nadal, o gran proxecto do alumnado do obradoiro de emprego de Cambados

CAMBADOS>  A aldea de Nadal de Cambados converteuse xa nun dos grandes atractivos destas Festas. Detrás dela atópanse os alumnos dun obradoiro de emprego que hoxe chegou ó seu final. O acto de clausura, celebrado na propia praza de Fefiñáns, serviu para recoñece-lo seu talento e creativadade.

Esta gran aldea de Nadal é xa todo un referente en Cambados. Foi instalada na praza de Fefiñáns e está a suscitar moita expectación entre os veciños. O proxecto foi executado polos alumnos do obradoiro de emprego que se celebra na localidade, con fondos da Xunta.

Porque a creatividade e talento dos seus alumnos non só están a chamar a atención dos viandantes.  O goberno local e a Xunta celebran o seu bo facer, cun resultado tan singular e único como este.

Os resposables do obradoiro de emprego aproveitan tamén para presumir de alumnos.

Iso si, no tempo que durou a formación, o alumnado non só aportou esta aldea de Nadal. A localidade beneficiouse doutras moitas actuacións impulsadas dende o obradoiro.

Un total de 16 alumnos participaron este ano neste obradoiro. Unha edición, por certo, que tamén se viu afectada polo coronavirus, xa que tivo que cancelarse durante o confinamento. De cara ao ano que vén, a Xunta anunciou xa que a vila do Albariño beneficiarase de dous obradoiros de emprego, un para maiores de 30 anos e outro de garantía xuvenil. En total, poderanse beneficiar 40 persoas.

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Por favor, engade un comentario!
Por favor, engade o teu nome aquí