Inaugúrase a primeira edición do Túnel dos Viños Rías Baixas

    CAMBADOS> Con esta proposta, o Consello Regulador e AGASU, buscan achegarse a un público máis técnico e interesado nos viños da DO.

    {flowplayer}images/salnes/INAUGURACION_TUNEL_VINO_ALBARINO.flv{/flowplayer}

    Catar ata 106 viños diferentes, elaborados por 54 adegas da DO, todo nun mesmo recinto e asesorados por un sumiller profesional. Esta é a porposta do Túnel Profesional do Viño, que se inaugurou esta mañá no Salón José Peña de Cambados. Unha actividade ineludible para os amantes do bo viño.

    Para o Consello Regulador esta é unha importante aposta, da que se esperan uns excelentes resultados. Sempre dentro do marco da Festa do Albariño, a proposta vai dirixida ó público que non podía ver satisfeita a súa curiosidade polos viños desta DO no Paseo da Calzada.

    Xusto despois da inauguración, o Salón José Peña xa recibía o seu primeiro visitante: un veciño de Pontevedra que ve nesta proposta o complemento que faltaba ó carácter popular da Festa do Albariño.

    O custo da entrada para participar nesta primeira edición do Túnel Profesional do Viño é de 15 euros. Os que o desexen poderán participar nela ata o vindeiro domingo, de 11 a unha do mediodía e de 6 da tarde a oito e media da noite.

    Redacción Salnés