![]()
VILAGARCÍA> O deputado socialista Modesto Pose pedirá explicacións no Parlamento sobre a perda de competencias do hospital comarcal.
{flowplayer}images/salnes/POSE_HOSPITAL_SALNES.flv{/flowplayer}
Cunha proposta non de Lei e dúas iniciativas de pregunta en comisión e pleno do Parlamento Galego, os socialistas buscarán explicacións da conselleira de Sanidade sobre a xestión integrada das áreas sanitarias de Pontevedra e O Salnés. Unha manobra que practicamente elimina a capacidade de xestión do hospital comarcal.
Segundo Pose, esta medida é un paso máis no camiño da Xunta para destruír a área sanitaria do Salnés. Os socialistas observan un incumprimento da lei que establece as características que debe cumprir unha área sanitaria. Segundo a norma, debería contar cun hospital xeral cunha estrutura directiva propia. De aí que pidan explicacións.
Modesto Pose tamén fixo un chamamento ós alcaldes e deputados populares do Salnés para buscar o seu apoio nestas reclamacións ante a Consellería de Sanidade. Pola súa banda, o grupo parlamentario do BNG tamén manifestou a súa oposición a esta medida, e anunciou a súa intención de pedir explicacións á Xunta no Parlamento a través da deputada Ana Luisa Bouza.
Redacción Salnés









