Tobiauto presenta por todo o alto o novo Seat León

    VILAGARCÍA> Onte tivo lugar, a nivel nacional, a presentación do novo Seat León. Nós estivemos en Tobiauto, en Vilagarcía, para coñcelo de preto.

    {flowplayer}images/salnes/TobiautoVilagarcia_141212.flv{/flowplayer} 

    En torno ás oito do serán destapábase en Tobiauto o novo Seat León. Trátase da terceira xeración deste modelo que pasa por ser un dos máis vistos polas estradas nacionais.

    Con respecto ó anterior, destaca pola súa maior sobriedade no deseño de exteriores e principalmente polos seu maior equipamento e mellores acabados no seu interior.

    O novo modelo pouco se parece ós anteriores. Deixouse atrás o aspecto máis deportivo para poder chegar a un maior número de clientes a través dun aspecto máis serio.

    Dende Tobiauto, o seu propietario anima a todos a cambiar de coche neste ano no que os prezos son máis asequibles que nunca, tanto pola entrada en vigor do plan PIVE como polas ofertas presentadas, nesta caso, pola casa Seat.

    Todo aquel que queira ver o novo Seat León in situ, saiba que pode facelo dende agora en Tobiauto, na recta de Rubiáns, en Vilagarcía.

    Redacción Salnés