VILAGARCÍA> O comercio de Vilagarcía encara a chegada da primavera con optimismo. Despois dun inverno complicado para as vendas, o bo tempo seica está animando ós compradores a saír á rúa a mercar produtos da nova tempada.
O inverno non foi tan bo como se agardaba para os comerciantes de Vilagarcía. O tempo atípico condicionou as vendas e os resultados non foron os mellores.
Despois do inverno, coa chegada da primavera, os comerciantes enfróntanse á nova campaña con máis optimismo. A chegada do bo tempo seica está a anima-las compras. Na rúa, a xente sae pasear e son moitos xa os que se animan a mercar. Con este panorama, dende a asociación de comerciantes falan de boas expectativas.
Expectativas positivas tamén entre os vendedores. Iso si, para que a campaña vaia ben a meteoroloxía seica vai xogar un papel fundamental.